A Comisión da Virxe do Carme de Baiona organiza dous días de churrascada

A Comisión de Festas Virxe do Carme de Baiona organiza este fin de semana unha churrascada no Parque da Palma. Tanto o sábado como o domingo poderanse degustar empanadas, pizzas, tortilla, churrasco, chourizos e sobremesas caseiras. Ademais, o sábado pola noite estará amenizado por un trío musical, e o domingo haberá gaiteirada. Os máis pequenos poderán gozar cun obradoiro de manualidades, fotocol, imos pescar e inchables.