Veciños de Parada visitan Porto do Molle con motivo do 70 Aniversario de Zona Franca

O pasado xoves, a Delegada Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, xunto coa presidenta dos populares de Nigrán, María José Pino, parte da Directiva e membros da Asociación de Veciños de Parada, visitaron as instalacións do edificio principal de Porto do Molle con motivo do 70 Aniversario da Zona Franca. Pedrosa expuxo a evolución do parque empresarial desde o ano 2012 ata a actualidade, de 1 empresa a 140 e a previsión de futuro de albergar de 200 a 300 empresas.

Está claro que Porto do Molle reúne todas as condicións favorables para converterse nun referente, destaca o factor localización, sendo fundamental a proximidade a unhas boas infraestruturas e a redes de comunicación, tanto para a necesaria fluidez no transporte de mercadorías como para o fácil acceso do persoal aos seus postos de traballo.

“O Parque Empresarial de Porto do Molle é unha excelente base de oportunidades. Eleva ao Concello de Nigrán e consolídao como un ecosistema de innovación en continuo crecemento, sendo un lugar atractivo para o investimento apostando pola atracción de empresas, o que contribúe de forma notable ao desenvolvemento da economía do noso Concello”, aclara María José Pino.

2018-04-22 - IMG-20180420-WA0002