Nace “Los días felices” de Atlantic: a promesa indie galega que chega desde Nigrán

O grupo de indie-rock Atlantic, formado por cinco músicos de entre 20 e 23 anos -con Roi Grandío como voz principal e guitarra, Adrián Collazo ao teclado, José Vilas á batería, Rafael Davila ao baixo e Andrés Vilas ao saxo-, lanza o seu primeiro disco de estudo, gravado en Casa de Tolos coa produción do ex-Siniestro Total Segundo Grandío e baixo o título de “Los días felices”.

Segundo os membros do grupo, o título non representa o que din as súas cancións, senón que dá moito que pensar: si que teñen algúns temas de índole alegre, desenfadado, cancións felices de amor e outras moi ‘bailables’, tanto letrística como musicalmente. Pero non deixan de lado problemas existenciais ou sociais a través de letras infestadas de enxeñosas metáforas e paradoxos que requiren unha interpretación máis pausada e propia de cada oínte. Os membros do grupo din non querer dar un único significado obxectivo e inmutable ás súas letras, senón que prefiren que quen escoite cada tema fágao seu, identificándose con el e interpretándoo á súa maneira.

Un son e estilo moi propio e á súa vez, moi variado, podémonos atopar en “Los días felices” de Atlantic. Desde o máis puro rock sureño da índole dos Black Crowes ou Lynyrd Skynyrd, con sós de guitarra, sección de ventos -saxo, trompeta e trombón- ou corais femininas que quitan o hipo, ata o pop máis cálido e embriagador, envolvéndonos nas súas bonitas melodías cuns pianos, violíns, e voces tan doces que nos lembran a Coldplay e o seu “Fix yo” ou a Oasis co seu “Don’t look back in anger”. Sen esquecernos por suposto dos grandes nacionais que están agora en auxe e que os membros de Atlantic recoñécenos como importantes referencias: véxanse Vetusta Morla, Izal, Love of Lesbian ou Iván Ferreiro.

A traxectoria de Atlantic é curta pero intensa. En dous anos que leva o grupo en activo: quedaron finalistas de entre máis de 200 candidatos dun concurso nacional para grupos musicais integrados por menores de 25 anos; percorréronse media España tocando xunto a outros grupos emerxentes de diversas cidades nunha xira autoxestionada polos propios membros do grupo; tocaron en míticas salas como a Siroco (Madrid), El Loco (Valencia), Potemkin (Salamanca), Continental (Barcelona) e moitas máis; e o verán pasado participaron tamén na primeira edición do festival Vive Nigrán, compartindo cartel coas Bistecs, Joe Crepúsculo e Viva Suecia.

Antes de lanzar este primeiro disco, o grupo presentou un EP con tres cancións –“El Viajero de Sueños”, “Aterriza como puedas” e “Invierno”, as cales forman agora parte do seu primeiro álbum, e dous videoclips autoproducidos por eles mesmos e amigos das súas universidades (Invierno en 2016 e Fronteras en 2017).

Xa se pode escoitar “Los días felices” en Spotify e compralo en formato dixital en iTunes pero, e o formato físico? Poderás facerte co disco físico tanto en formato vinilo como en CD nas túas tendas de discos favoritas, ademais de en Fnac e El Corte Inglés dentro de moi pouco.

Pero isto non queda así… un disco non é un disco sen a súa presentación. E é que o venres 20 de abril Atlantic fará o concerto de presentación do seu primeiro álbum na sala Rouge de Vigo, -onde ademais venderase en primicia o álbum en formato físico e con opción a ser asinado e dedicado-. Para a promoción deste evento e a súa venda de entradas o novo grupo de Nigrán apostou pola “forza da mocidade”, e nunca mellor dito, pois contan coa promotora viguesa The Community, que une a máis de douscentos universitarios da zona de Vigo e arredores para promocionar a través das súas redes o evento en cuestión e a súa venda de entradas.

As entradas online están dispoñibles en https://entradium.com/entradas/atlantic-vigo

LOS DÍAS FELICES DE ATLANTIC

Anuncios