Anuncios
Ticker de novas

Omar Rodríguez viaxa a Madrid para disputar o Campionato de España Sub-23

Omar Rodríguez no máis alto do podio do Campionato de España.

Un total de 15 deportistas galegos acoden ao Campionato de España SUB-23 de Loitas Olímpicas que ten lugar en Madrid, do 6 ao 7 de Abril. A competición terá lugar o sábado 7 de Abril en xornada de mañá, no pavillón exterior do CSD, dentro do recinto deportivo do CAR de Madrid. Galicia acode cunha representación de 11 homes e 4 mulleres, para competir nas 3 modalidades Olímpicas postas en liza: Loita Libre Feminina, Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana.

Entre os convocados está o baionés Omar Rodríguez, que competirá na categoría de 74 kg da modalidade Libre Olímpica. Xunto ao integrante do Club de Loita Sabarís viaxan a Madrid Adrián Imedio, Roberto Díaz Orosa e Carlos Yobani García do Club de Loita Vilalba, Jesús Gonsalves do Club de Loita Keltoi, Rafael Álvarez e Javier Pérez García do Club de Loita San Ignacio, Iván González Muñiz do Club de Loita Kuzushi, Jonathan Pernas do Club de Loita Rábade e Aarón Ayude do Club de Loita Escola Ayude.

En Loita Greocorromana competirá Diego Iglesias do Club de Loita El Castro e en Loita Libre Feminina Cristina Alves do Ciudad de Vigo, Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín do Club de Loita Keltoi e Gergana Dimitrova do Club de Loita Rábade.

Este campionato de España será decisivo para conformar as 3 seleccións nacionais, que representarán a España nas citas continentais e mundiais SUB-23 deste ano 2018. Galicia ten varios deportistas campións de España absolutos, que esperan brillar nesta cita SUB-23.

Ao fronte das seleccións estarán os catro técnicos galegos: Alexander Kachelaev, Marcos Miragaya, Rubén Méndez e Eladio Bello. Tamén viaxará Pablo Pintos Figueroa, neste caso, como seleccionador nacional SUB-23, da modalidade de Libre Olímpica.

Destacar que Galicia acudirá a esta cita con 3 árbitros convocados pola Federación Española, como son: Ángel Amor, Marcos Araujo (Club San Ignacio de Vigo) e Daniel Fernández (Club Kuzushi de Vigo). A maiores participará Jose Manuel Pereira (Club El Castro de Vigo).

Anuncios