Anuncios
Ticker de novas

Queda en liberdade o masaxista de Nigrán aínda que investigado por abusos sexuais

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo deixou en liberdade aínda que investigado polo delito de abusos sexuais ao masaxista J.V.P., cun centro terapéutico en Nigrán, detido por feitos similares no ano 2016.

O home pasou a disposición xudicial na mañá deste luns, tras o que foi posto en liberdade aínda que coa obrigación de comparecer quincenalmente no xulgado. Non se lle impuxo ningunha orde de afastamento ao haber un informe desfavorable do Ministerio Fiscal.

Axentes da Garda Civil detivérono pouco despois de que unha muller presentase unha denuncia contra el, asegurando que mentres recibía o tratamento na consulta do centro terapéutico, foi obxecto de tocamentos.

O masaxista xa foi denunciado entre abril e maio de 2016 por feitos similares, supostamente ocorridos contra mulleres -entre elas unha menor de 17 anos-, no centro de Nigrán, nun centro de homeopatía que rexentaba en Vigo e nunha consulta nun hotel do sur da provincia de Pontevedra.

Anuncios