Anuncios
Ticker de novas

Gondomar abona 40.000 euros á Entidade Local Menor de Morgadáns

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Entidade Local Menor de Morgadáns.

O Goberno Municipal de Gondomar fai efectivo o pago á Entidade Local Menor de Morgadáns da participación dos impostos municipais do ano 2017.

O Concello de Gondomar fixo efectivo o pago á Entidade Local Menor de Morgadáns do importe de 40.468 euros, o que supón unha participación de 25% nos impostos do municipio. Este importe correspóndese coas contías dos impostos municipais devengados no exercicio 2017 sobre Bens Inmobles de Natureza Rústica e Natureza Urbana; Imposto sobre Actividades Económicas, Vehículos de Tracción Mecánica, sobre Construcións, Instalacións e Obras e o imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
As entidades menores como é o caso da parroquia de Morgadáns, perciben impostos do municipio ao que pertencen, neste caso Gondomar.

O alcalde, Paco Ferreira, destaca que o Concello entrega en tempo e forma por terceiro ano consecutivo esta partida económica para investimentos na parroquia, como acondicionamento de estradas e camiños, limpeza, etc.

Anuncios