Anuncios
Ticker de novas

Continúa o II Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Cró!

Este venres 2 de marzo continúa o II Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebrará o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

O segundo grupo será Cró!, formado por Rubén Abad (guitarra e voz), Xavi Núñez (teclados e voz), David Santos (baixo e voz) e Cibrán Rey (batería e voz). O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería e merchandising.

Anuncios