Anuncios
Ticker de novas

O PP de Gondomar denuncia problemas de seguridade no parque da Baixa Redonda

O Partido Popular denuncia o desleixo do Concello co parque da Baixa Redonda, no barrio de Fontán en Mañufe, detrás do Froiz. Nesta contorna da urbanización da Baixa Redonda, existe unha zona verde e de lecer. No ano 2016 se creou tamén un espazo de ocio para os cativos, coa instalación dun parque infantil e unha tirolina.

“Dende hai un tempo, esta zona presenta unha falta importante de conservación por parte do Concello e acumula graves deficiencias de seguridade, sobre todo para os cativos e as persoas maiores que desexen gozar desta zona”, afirma a presidenta do Partido Popular de Gondomar.

Para comezar a detallar os problemas existentes, comezan polo paseo de madeira que hai paralelo ao río Miñor, o cal presenta a falta de algunhas táboas e incluso o deterioro de algúns soportes que fixeron que o percorrido deste paseo presente varios desniveis. Así mesmo, no muro que separa a urbanización da zona verde, hai varias lousas de pedra caídas e outras despegadas e a piques de caer, algunha delas na mesma zona de xogos dos cativos.

Neste mesmo entorno existe un estanque, que na actualidade está cuberto por un manto de herba que oculta a balsa de auga e lixo que tras a vexetación se agocha. Hai que subliñar que xa en marzo do ano 2015 e en plena precampaña electoral, o que hoxe é alcalde Paco Ferreira denunciou nos medios de comunicación a existencia deste perigo, acusando ao goberno municipal de inacción. Parece que as razóns dadas naquel momento eran certas, xa que no estanque non se realizou ningunha actuación.

Por todo isto, o Partido Popular de Gondomar solicita do goberno do Concello de Gondomar que se faga unha actuación urxente de balizamento e reparación das zonas perigosas.

Despois do rogo que o PP fixo no pleno, o alcalde recoñeceu o risco destes estragos, e incluso chegou a asegurar que non hai moito se tivo que rescatar a un can que caera no estanque e que non era capaz de saír. “E si fora un cativo?”.

Bouzós pide ao alcalde que non demore máis a seguridade deste espazo de lecer.

Anuncios