Anuncios
Ticker de novas

Nigrán contrata o subministro de combustible cun desconto garantido do 20% por litro

O Concello de Nigrán vén de adxudicar o subministro de combustible para os vehículos e maquinaria municipais a Gasóleos Amigo S.L. tras presentar unha oferta de desconto por litro do 20% sobre o prezo medio publicado para España no Boletín Petrolero de la Comisión Europea. Trátase da primeira vez na historia do Concello que este servizo se saca a concurso público, o que reverterá nun importante aforro para as arcas municipais ao beneficiarse sempre deste desconto.

Gasóleos Amigo prestará este servizo durante catro anos a partir da sinatura do contrato e por un importe máximo de 200.000 € (sen IVE), o que corresponde a un máximo de 50.000 €/ano (sen IVE). Esta foi a única oferta presentada e supón que o desconto do 20% se ofreza de maneira fixa e sen poder ser modificada durante a vixencia do contrato, independentemente dos tipo de carburantes e sempre con tódalas taxas e impostos incluídos.

Anuncios