Restricións ao tráfico na rúa Marqués de Quintanar polas obras de humanización

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Primeira fase das obras da rúa Marqués de Quintanar.

As obras de humanización da rúa Marqués de Quintanar, que avanzan a bo ritmo, obrigan o peche ao tráfico rodado o vindeiro luns, día 22 de xaneiro, podendo acceder soamente os residentes aos garaxes da zona, salvo momentos puntuais que poidan sobrevir da obra e sexa necesario o corte total. A medida que a obra vaia avanzando paulatinamente irase cortando o tráfico das zonas afectadas pola mesma.

No que respecta aos traballos, construiranse e instalarán novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes que contribúan á humanización da contorna. Así mesmo, instalarase mobiliario urbano, melloraranse as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas e demais aspectos precisos para a completa urbanización.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, pide a colaboración dos cidadáns e pide desculpas polos inconvenientes que se xeran sempre que se executa unha obra, pero trátase dunha actuación “necesaria e importante para a mellora das nosas infraestruturas”.

Anuncios