Anuncios
Ticker de novas

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha viaxe á Costa da Morte

FOTO: RUTA DOS FAROS // Faro de Fisterra.

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha viaxe á Costa da Morte con motivo das festas de Entroido, os días 10 e 11 de febreiro. O prezo por persoa é de 110 euros para os socios e de 120 para os non socios, incluíndo transporte en autocar, aloxamento en hotel Oca Insúa, habitacións dobres con baño/ducha, pensión completa con auga e viño, azafata acompañante e seguro de asistencia viaxe. O suplemento por habitación individual é de 25 euros. Máis información e reservas ata o 31 de xaneiro na AVV Galiñeiro de Vincios (Piñeiro, s/n), teléfono 986 46 96 92.

Itinerario

Sábado, 10 de febreiro. Saída a primeira hora da mañá con destino á primeira parada en Noia. Tras un paseo por esta bonita poboación, continuará a viaxe cara ao Mirador de Ézaro, no municipio de Dumbría, onde se atopa a desembocadura do río Xallas e a súa espectacular fervenza que cae nun pozo de 20 metros de profundidade. Seguindo a ruta chegarán a Corcubión co seu conxunto histórico-artístico. Xantar. De tarde, visita a Cabo Finisterre, o seu faro e a inmensidade do mar, onde se poderá gozar dunha das máis belas postas de sol. Pola noite, gozarán da cea e do posterior baile de disfraces. Aloxamento.

Domingo, 11 de febreiro. Finisterre. Almorzo. Pola mañá saída cara a Muxía, onde se achegarán a ver o Santuario da Virxe da Barca e a Pedra de Abalar. Regreso ao hotel. Xantar típico de Entroido. Pola tarde, regreso. Fin da viaxe.

Anuncios