O Concello de Baiona informa os veciños de Baíña sobre a situación do Centro Cultural

FOTO: CENTRO CULTURAL DE BAÍÑA

Esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Baiona, o Alcalde, xunto co concelleiro de Urbanismo e o Arquitecto Técnico Municipal, informaron da situación actual do Centro Cultural de Baíña a uns 50 veciños afectados polo seu peche.

Segundo sinala Pili Rodríguez, presidenta do Centro Cultural, indicaron que o Concello acaba de recibir a documentación por parte da propiedade (Asociación de Montes de Baíña) para a solicitude de licenza de actividade e que nun prazo de 15 días comunicarán a resolución da solicitude.

En caso de axustarse á normativa vixente levaríase a pleno para conceder a licenza. En caso contrario pedirase á propiedade que axuste a normativa e requírase ao Concello para verificala e poder así levala ao pleno.

“Desde o Concello non poden dar un prazo concreto para a esperada apertura do centro pero si nos indican que todo depende da resolución destes días e que o camiño xa está case concluído”, finaliza Pili.