Baiona modifica a programación do Bai Nadal ante a previsión de mal tempo

FOTO: PEPE COSTAS // Inchables na Alameda Carabela Pinta.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona informan que as actividades previstas para a semana do 2 de xaneiro, na rúa Carabela Pinta e a Praza Victoria Cadaval de Sabarís, trasládanse na súa maioría ao Pavillón Municipal de Deportes.

Este martes, 2 de xaneiro, haberá inchables e obradoiros infantís no Pavillón Municipal de Deportes de 15:30 a 19:30 horas. Ás 19:00 horas, Adrián Conde ofrecerá o seu espectáculo “Nadal Máxica: AQ! Adiviña Que…” na Capitanía Marítima de Baiona.

O mércores 3 e o xoves 4 haberá de novo inchables e obradoiros infantís no Pavillón Municipal de Deportes de 15:30 a 19:30 horas, ambos os dous días coa visita do Paxe Real.

O venres 5 de xaneiro, a Gran Cabalgata de Reis, a pesar da previsión de mal tempo, mantense en pé ata última hora, só se trasladará ao Pavillón Municipal de Deportes no caso de que tempo non permita saír. As tres carrozas sairán ás 17:00 horas desde Sabarís. Ás 18:00 horas, a comitiva ao completo partirá desde Santa Marta.

O Concello de Baiona agradece a todos os clubs, que tiveron que modificar os seus horarios de adestramentos e partidos para que estas modificacións poidan levar a cabo.

Anuncios