Sin categoría

Nigrán leva este sábado a “Funky Party” de Troula Animación ás rúas de A Ramallosa

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece un pasarrúas a cargo de Troula Animación este sábado 23 dende ás 18:00 horas polo centro de A Ramallosa. Ao ritmo da música discotequeira dos 80, un par de pernilongos non pararán de bailar, incitando a todos os presentes a que se unan á súa Funky-Party móbil polas rúas.

O Concello de Nigrán, en colaboración cos comerciantes de A Ramallosa, quere deste xeito animar a zona comercial nun día de compras moi sinalado cun espectáculo cheo de música e cor.