Máis de 5.000 persoas tiráronse polo tobogán acuático instalado en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar despediu este domingo o verán cun tobogán acuático xigante de máis de 100 metros que fixo as delicias de pequenos e maiores.

Foron máis de 5.000 persoas segundo indicou o alcalde as que se achegaron ata a rúa Urbanización Miñor, fronte ao Auditorio Municipal Lois Tobío, para poder tirarse polos 125 metros de vinilo xabonoso e moita auga que fan alcanzar velocidades incribles.

A pesar das longas colas, a atracción foi todo un éxito e nenos e maiores non dubidaron en esperar. Provistos do bañador e despois de coller carrerilla, lanzábanse á pista sobre un flotador, para percorrer os máis de 100 metros de tobogán ata que se produce a parada do esvaradío bañista.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou as instalacións e destacou que foi “todo un éxito”, anunciando que para o próximo ano haberá “máis e mellor”. A empresa encargada da instalación deste Megatobogán Acuático foi Slide the City.

Anuncios