Unha pequena startup de nova creación situada no Parque Empresarial Porto do Molle de Nigrán organiza un obradoiro gratuíto de montaxe de impresora 3D, que se desenvolverá os días 26 e 27 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, en Taller 7 MakerSpace (Rúa dos Padróns nº1, nave 2).
Trátase dun obradoiro teórico-práctico de 8 horas de duración para aprender a montar unha impresora 3D impartido por Orballo Printing. Os participantes aprenderán todo o necesario para realizar as súas primeiras impresións 3D co Kit Prusa Steel Black Edition Mark II. Montarana paso a paso e aprenderán a calibrala coñecendo todos os segredos do seu uso, así como a instalar e a configurar o software necesario.
Ademais de asistir ao obradoiro gratuitamente, poderán adquirir o kit de impresora. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse a través da súa páxina web.

