A Rondalla de Chaín desfilará este fin de semana pola súa parroquia, Vincios, Sabarís, Donas e Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A Rondalla de Chaín desfilando por Sabarís.

Con motivo das festas do Nadal, a Rondalla do Centro Cultural «A Merced» de Chaín percorrerá este fin de semana diversos puntos da nosa contorna, co ánimo de levar o espírito do Nadal ao maior número de persoas posible, poñendo música e cor ao Nadal 2017. Contan coa colaboración do Concello de Gondomar, a Deputación de Pontevedra, a Asociación Veciñal e Cultural Santa Eulalia de Donas, COEMSA e a Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís.

Arrancarán este sábado día 23 ás 16:00 horas participando no 75 aniversario da Rondalla de Vincios, que se celebrará no Adro da Igrexa de Santa Eulalia de Vincios. Logo trasladaranse ata Sabarís, onde xunto coa Rondalla do CSCR de Beade desfilarán pola pola Avda. Julián Valverde a partir das 17:30, saíndo desde a Igrexa de Santa Cristina ata a Praza de Victoria Cadaval, onde amenizarán a tarde-noite cun concerto.

O domingo 24 ás 10:30 ofrecerán un pasarrúas desde o Centro Cultural “A Merced” de Chaín ata Zapa, seguindo ás 11:45 con outro pasarrúas e concerto no Mosteiro de Donas. Finalmente, rematando ás 12:30 horas cun percorrido polas rúas de do centro de Gondomar.

Anuncios