
O Centro Sociocomunitario de Baiona acolle este martes 7 de maio ás 17:30 horas o segundo obradoiro de traballos en coiro, no que se traballará a aprendizaxe na confección de chaveiros repuxados. Farase un chaveiro cunha cara cun debuxo gravado, a outra cara cunha letra repuxada, recheo de coiro. Os participantes aprenderán a facer o patrón, cortar o coiro, debuxar, gravar e repuxar, tinguir de cor ou natural, furar e costura de guarnicioneiro e brunir e rematar. O prezo do obradoiro é de 20 euros con todo o material incluído. Máis información no correo info@coiroenxebre.com ou no teléfono 655 483 761.