2.000 moteiros disfrazados de Papa Noel percorren o Val Miñor

Este domingo celebrouse a X Ruta Motera de Papanoeles organizada pola Peña Motera “Os Rillasepas” xunto coa Concellería de Cultura de Gondomar e a colaboración dos Concellos de Baiona e Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

Despois de concentrarse na Praza de San Benito, en Gondomar, os 2.000 moteiros ataviados de Papa Noel comezaron a ruta polos municipios do Val Miñor, pasando por Nigrán, Patos, Panxón, Praia América, A Ramallosa, Sabarís e Baiona, repartindo ao seu paso caramelos para os máis pequenos. Ao seu regreso a Gondomar, os participantes puideron gozar dun chocolate con rosquillas no Cristaleiro.

Ademais, a ruta é solidaria, xa que se recolleron alimentos non perecedoiros no punto de quedada, que serán repartidos polo Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Servizos Sociais, entre as familias máis necesitadas no municipio.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios