Sin categoría

Actuación da Coral San Lourenzo de Belesar na Igrexa de Sabarís

Este sábado 16 de decembro continúa o Programa Cultural de Nadal organizado pola Archicofradía de Santa Cristina da Ramallosa, composto por un total de 6 concertos con temática sacra e de Nadal, que terán lugar na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa, todos os sábados e un domingo, ás 20:00 horas.

Tras a apertura do ciclo coa Coral Polifónica “Baiona A Real” e a Coral “Enteza” de Salceda de Caselas, o día 16 actuará a Coral “San Lourenzo” de Belesar. Seguiranlle o día 17 a Coral “Mistura Vocal” de Vigo, o día 23 o Obradoiro Vocal “A Vila” de Ponteareas, e pechando o ciclo a Coral Novos Aires de Nigrán o día 30.

Colaboran na organización desta actividade a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.