
Achéganse as vacacións e o Centro Cultural A Camoesa organiza unha excursión ao parque temático de Nadal Perlim, en Santa María da Feira, que só abre as súas portas en decembro para traer os soños e o mellor do imaxinario infantil a todos os que visiten este lugar especial.
O prezo da viaxe, que será o domingo 17 de decembro, é de 15 euros por persoa para os socios (10 euros os menores de 3 anos) e de 17 euros por persoa para os non socios (12 euros os menores de 3 anos). Inclúe a viaxe de ida e volta e a entrada ao parque.
A saída será ás 9:30 da mañá desde o Centro Cultural de Camos. Para máis información e inscricións está dispoñible o teléfono 648 023 014. Hai que deixar un depósito de 5 euros por persoa no Centro Cultural. Necesítase un mínimo de ocupantes para a realización da viaxe.
Perlim abre as súas portas do 1 ao 30 de decembro na inesquecible Quinta do Castelo, un espazo con máis dun século de existencia que serve de escenario perfecto a un evento icónico, que mestura o mellor dos soños e do imaxinario infantil ao encanto das historias inspiradoras, alegres e contaxiosas que se contan en cada escenario e en cada espazo.
Conta con máis de 20 áreas temáticas, teatros musicais, grandes formatos escénicos, escenarios interactivos, atraccións e moito máis.