Buscan un papagaio gris perdido en Borreiros

Búscase un papagaio gris que se escapou este mércores pola tarde en Borreiros, Gondomar. Ten argola pechada e o propietario posúe toda a documentación. Está rexistrado en SOIVRE. Se alguén o ve pode contactar co propietario no teléfono 699 420 470 (Nando). O papagaio iaco (Psittacus erithacus), tamén coñecido como papagaio gris, é unha especie de ave psitaciforme da familia Psittacidae propia da selva tropical africana. O seu aspecto é inconfundible, polo seu pico negro, a súa plumaxe de cor gris e a súa cola vermella. Trátase dun ave caracterizada pola súa elevada intelixencia e pola súa capacidade de memorización e repetición de palabras.