Sin categoría

O Club de Tenis Nigrán subcampión galego feminino por equipos en Veteranas +40

O Club de Tenis Nigrán conseguiu proclamarse subcampión galego na categoría de Veteranas +40 no Campionato Galego de Tenis Interclubes. O equipo formado por Ana Rosa González Iglesias, Teresa Castro Jorreto, Olga Fernández Castiñeira, Ángela Pazos Comesaña, Clemen Abalde Comesaña, Mº Eugenia Rodríguez Domínguez y Mª Carmen Costas Costas xogou o sábado 25 de novembro en Santiago a gran final quedando subcampioas galegas de tenis en Veteranas +40 División de Honra.