Máis de 400 maiores participarán a próxima semana no programa “Depotermal 2017”

A partir deste domingo 26 de novembro, e ata o vindeiro venres, 422 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar do programa da Deputación de Pontevedra “Depotermal 2017”. Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario. Ademais, “DepoTermal” pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

“Depotermal” tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.

En canto a modalidade con pernocta, a partir deste domingo 19 de novembro, 318 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, Hotel Gran Talaso de Sanxenxo, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atántico de Oia, e ao Balneario de Cuntis para desfrutar de modalidade con pernocta. Máis polo miúdo, 94 persoas acudirán ao Hotel Carlos I de Silgar procedentes dos concellos de Vigo (56), Pontevedra (11), Crecente (8), O Rosal (6), Nigrán (5), Valga (2), Cangas (2), Ponteareas (2) e Vilagarcía de Arousa (2).

Pola súa banda, 50 persoas chegarán este domingo ao Hotel Talaso Atlántico de Oia procedentes de Soutomaior (11), A Lama (9), Pontevedra (8), Vila de Cruces (5), Sanxenxo (3), Vigo (3), Meaño (2), Nigrán (2), Marín (2), Mos (2), Caldas de Reis (2) e Covelo (1).

Outras 52 persoas aloxaranse desde o domingo no Hotel Louxo da Toxa e chegarán dende Vigo (20), Crecente (12), Pontevedra (4), Ponteareas (3), Mondariz (2), Pontecesures (2), Redondela (2), Catoira (2), Cangas (2), Salceda (1), Salvaterra (1) e A Cañiza (1). Amais, tamén 46 persoas chegarán o vindeiro domingo ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo procedentes de Vigo (28), Baiona (7), Nigrán (2), Valga (2), Vila de Cruces (2), Pontevedra (2), Tui (1), O Grove (1) e Caldas (1) ,onde se aloxarán durante cinco noites.

Por último, 36 persoas desfrutarán do Hotel Balneario de Cuntis, a onde chegarán dende Pontevedra (11), Vigo (11), Bueu (4), Marín (3), Nigrán (2), Salvaterra (2), Barro (1), Ribadumia (1) e A Estrada (1).

Pola banda da modalidade diúrna, 144 persoas acudirán diariamente durante cinco días consecutivos, de luns a venres, a centros termais da provincia. Máis polo miúdo, 29 persoas procedentes de Pontevedra (11), Redondela (12) e Vigo (6) chegarán o luns ao Talaso Atlántico de Oia. En canto ao Balneario de Cuntis acudirán 80 persoas dos concellos de Soutomaior (19), Moraña (18), Vilanova de Arousa (18), Vilagarcía de Arousa (9), Catoira (8), Redondela (7) e Marín (1). Para rematar, ao Balneario de Mondariz acudirán 35 persoas procedentes de Baiona (15), O Porriño (15) e Mos (5).

Durante este mes, e no que queda de ano, 4.000 maiores de 48 concellos da provincia están a gozar do programa “Depotermal” a través das modalidade diúrna e da modalidade con pernoita. Ao igual que na pasada edición ofértanse prazas gratuítas para persoas en situación ou risco de exclusión social e sen recursos económicos.

Anuncios