Faladoiro de Xabier Paz arredor da súa novela “Aníbal e a Pintora” en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle este xoves 23 de novembro ás 20:00 horas un faladoiro con Xabier Paz arredor da súa novela “Aníbal e a Pintora” (Edicións Xerais), presentado pola pintora Irene Silva.

“Aníbal e a Pintora” é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador.

Xabier Paz é Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación (biólogo pesqueiro) no Centro Oceanográfico de Vigo. Publicou as novelas “Renacer” (Xerais, 2008), “As vidas de Nito” (Xerais, 2013), “A galera de Xelmírez” (Xerais, 2015); os poemarios “Sedimentos” (2001), “No canto do mar” (2005), “Materia de Lucrecio” (Xerais, 2006) e “Filoxenia do sangue” (2006). Tamén é autor do libro “Follas do bacallau” (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.

Anuncios