
O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este mércores 22 de novembro ás 20:00 horas o faladoiro “A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”, que Adriana Nogueira Gassent, oceanógrafa, ofrecerá dando continuidade ao ciclo “Presenza das mulleres”. Será presentada por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM. O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 baixo, Gondomar.