O CB Nigrán tráenos o seu III Colebasket

O Club Baloncesto Nigrán organiza xa a terceira edición do Colebasket, o torneo interescolar de baloncesto no que participan nenos e nenas dos diferentes colexios do municipio. A cita terá lugar o sábado día 8 de xuño e levarase a cabo no Pavillón Municipal de Panxón, onde se habilitarán tres pistas para o desenvolvemento do evento.

Desde a dirección deportiva do CB Nigrán levan xa tempo traballando coas direccións dos centros educativos así como cos profesores especialistas de educación física para que dinamicen as inscricións e poidan así participar no torneo. Así, nenos e nenas en idade escolar dos centros educativos Carlos Casares, Cruz Camos, Humberto Juanes, Mallón e Arquitecto Palacios, a totalidade dos colexios de Nigrán, poderán participar neste torneo.

A inscrición está aberta a todos os alumnos independentemente de que xoguen ou non ao baloncesto. Os responsables de arbitrar os diferentes encontros serán os xogadores das categorías superiores do CB Nigrán.

Anuncios