Curso de iniciación á cestería en Donas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Carliños "Cesteiro".

A Asociación Veciñal e Cultural Santa Eulalia de Donas ofrece un curso de iniciación á cestería. As clases serán impartidas por Carliños “Cesteiro” os martes pola tarde de 18:00 a 20:00 horas a partir do día 5 de decembro. Máis información chamando ao teléfono 635 655 404 (Pablo) ou a través do correo electrónico vecinosdonas@gmail.com.