Anuncios
Ticker de novas

A “Árbore da Ilusión” de OVALMI e o Centro Juan María decora os locais da comarca

FOTO: CENTRO JUAN MARÍA // Un dos locais decorados coa "Ábore da Ilusión".

Na Campaña de Nadal “Unidos pola Maxia” da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, moitos negocios locais asociados adórnanse coa súa orixinal Árbore da Ilusión, que elaboraron e repartiron os mozos e mozas do Centro Juan María. Con este elemento decorativo OVALMI desexa axudar a crear un agradable e bonito ambiente do Nadal diferenciador na comarca, que anime aos consumidores para saír polas rúas do Val, a visitar os seus negocios e a realizar as súas compras.

OVALMI dá as grazas a todos os pequenos negocios que apoiaron esta campaña que se desenvolveu en todo o Val Miñor, a toda a familia do Centro Juan María polo seu marabilloso traballo, ilusión, alegría e a súa colaboración e a todos os que coas súas compras nos negocios locais colaboran para que cada día o Val Miñor sexa un sitio mellor. Dentro desta Campaña de Nadal os establecementos participantes repartirán entre os seus clientes rifas para o sorteo de vales de diñeiro para premiar as súas compras nos establecementos do Val Miñor.

A esta Campaña súmase a denominada “Este Nadal merca no Val Miñor” para animar á poboación a comprar nos pequenos negocios locais de Nigrán, Baiona e Gondomar nesta época de compras do Nadal. E para concienciar da importancia e beneficios que os pequenos empresarios e comerciantes reportan aos clientes e a toda a comarca.

Os seus negocios están preto e evítanse atascos, gastos e tempo de desprazamento; axúdannos e asesoran coas nosas compras; ofrecen un trato persoal e próximo; dispoñen de produtos e servizos de calidade e confianza; dan vida e alegría ás rúas dos nosos Concellos; fortalecen os lazos da comunidade; colaboran no desenvolvemento de actividades locais; dinamizan a economía local ao quedar o diñeiro no pobo; fan que o pobo creza e xeran emprego.

OVALMI deséxalles unhas Felices Festas!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios