Anuncios
Ticker de novas

“Estamos máis que fartos de todas as mentiras que está vertendo sobre o colectivo”

Tras as declaracións da ex Patroa Maior da Confraría de Pescadores ”La Anunciada” de Baiona, Susana González, os percebeiros de a pé aseguran sentirse “insultados e difamados”. Sinalan que “estamos máis que fartos de todas as mentiras que está vertendo sobre o colectivo. Ela que entre outras cousas acúsanos de ilegais, no escrito tamén se pode ver que a que está a cometer presunta ilegalidade é ela… que paradoxo”.

“Debe ser moi frustrante non ter ningún argumento válido para xustificar que non a queremos así que resulta máis fácil inventar historias… triste triste, sobre todo para nós que estamos a ver como se está manchando a honra do noso colectivo e o noso propio con inxurias e calumnias”.

EN RESPOSTA AO ESCRITO DA EX PATROA MAIOR

Agradeceriámoslle, por favor, que no seu afán de “lavado de imaxe” evite botar a porcallada aos demais, nomeando a terceiros e mesmo poñendo en cuestión a veracidade dos seus actos.

En relación ao punto 2 do seu escrito onde fai mención a varias persoas no tema relacionado co cobro de cheques dos socios, a continuación achégolle o documento ao que vostede fai referencia, onde pon CLARAMENTE o que vostede podía e non podía facer nese momento, dando claramente a entender que vostede SI estaba a asinar documentos, só que evidentemente os que vostede consideraba oportunos. Ademais o documento fai referencia a que vostede non está a axilizar ningún trámite, ao contrario, está a alongar os prazos ao ir atrasando a saída do cargo.

Señora Susana, non nos faga lembrar ao que nos tivo sometidos durante estes tres anos e medio. Mellor deixalo aquí e facer borrón e conta nova. Déixeme lembrarlle tamén que os halagos débenllos facer os demais, que á parte de ser triste está moi feo botarse flores a un mesmo e subirse a un pedestal. Os méritos hai que gañarllos. NON SE ESQUEZA QUE A CONFRARÍA SOMOS TODOS, e se a confraría vai ben é grazas ao esforzo de TODOS OS SOCIOS que unha parte do noso traballo e do noso diñeiro está destinada ao funcionamento da confraría e ao ben común. Non se despida desa maneira que quere dar a entender que agora que vostede vaise imos morrer de fame… nada máis lonxe da realidade…

Do tema das festas prefiro facer un punto e aparte e non dicir moito que se me acaba o folio e tería para medio caderno. Só lembrarlle que a primeira festa que se fixo foi a da Arribada e NON GRAZAS A VOSTEDE. Grazas a varias das persoas que nomea no escrito e algunhas que non están. O primeiro ano vostede decidiu apoiar esta iniciativa, como moitos dos que fomos a apoiala e saíunos ben. Grazas a estes beneficios o persoal da Confraría que levaba meses sen cobrar púidoselle reducir a débeda e NON GRAZAS A VOSTEDE, senón á iniciativa doutros e ao traballo de TODOS. Iniciativa que lle gustou moito xa que ao ano seguinte decidiu ir “por libre”… e a estas festas sumáronse as seguintes…

TODOS queremos o mellor para a Confraría e os socios, á fin e ao cabo é o mellor para nós mesmos tamén, volvo repetir que está moi mal visto querer culpar aos demais dos nosos erros… xa é hora de dar carpetazo a un tema que xa está pasado de voltas.

Agradecería que non volvese nomear a ninguén para tratar de xustificar os seus actos, e menos no ámbito que o está facendo. Nós tamén temos moitísimo que agradecer aos que estiveron connosco, aos que loitaron polo que crían xusto, aos que arriscaron a súa vida por un capricho, aos que querían pousar a nado a unha pedra e non puideron facelo, aos que por medo e aínda poñendo en perigo a súa seguridade cedían á presión e ao boicot… a todos eles dámoslle as grazas, e aos que queiran estar, tamén…

Anuncios
error: Content is protected !!