Obradoiro interxeneracional de elaboración de xabóns naturais en Baiona

O Concello de Baiona, xunto coa Deputación de Pontevedra, organiza un obradoiro interxeneracional denominado “Xabóns Naturais con Receitas da Avoa”, dentro do programa Tecendo Lazos.

Tecendo Lazos é un programa de ocio e tempo libre coa finalidade de reforzar os lazos afectivos entre distintas xeracións. Poderán participar neste obradoiro membros da mesma familia; pais/nais e fillos/as, avós/as e netos/as, tíos/as e sobriños/as, etc. entre os 10 e os 99 anos.

O obradoiro ten unha duración de 16 horas, e terá lugar os días 12, 14, 19, e 21 (de 17:00 a 20:00 horas), e o 26 e 28 de decembro de (de 10:00 a 12:00 horas), no Centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.

Información e inscricións na Omix, ou no teléfono 986 385 925, ata o 1 de Decembro. A actividade é totalmente gratuíta.