Dura derrota do Cereixa na súa visita a Verín

FOTO: CEREIXA FS

Dura derrota do Cereixa FS na visita a Verín. O equipo estivo espeso tanto en ataque como en defensa. O local, con máis ganas e intensidade desnivelou o marcador na primeira parte cun 2-0 ao descanso.

Na continuación o visitante achegouse cun gol de Gabriel Denis Vasconcellos pero nos últimos 6 minutos o equipo derrubouse co 3-1 e a partir de aí os goles sucedéronse ata chegar ao 6-1 final.