Sin categoría

O CPA Gondomar logra tres ouros, dúas pratas e tres bronces no Campionato Provincial

Esta pasada fin de semana o CPA Gondomar conseguiu ouros superando os 100 puntos no Campionato Provincial libre de categoría nacional, cadete a sénior 2023, celebrado no pavillón de Candeán.

O resultado das competicións foi extraordinario para o Club Patinaxe Artística Gondomar, que conseguiu subir ao podio ás súas patinadoras en todas as categorías femininas, conseguindo o ouro Noa Álvarez en júnior, Marta Goyanes en xuvenil, prata para Paula Gilsanz e bronce Ainhoa Vidal. En categoría cadete oro para Xiana Fernández, prata para Lola Álvarez e bronce para María Moldes, seguindo co bronce en sénior de Andrea López, conseguindo o resto de patinadoras do club alcanzar grandes posicións, defendendo os seus programas curto e longo.

As patinadoras de David Figueroa mostraron a arte e dificultade deportiva sobre rodas que as caracteriza, neste campionato foron dirixidas pola técnica e preparadora física/coach María Nombela. Toda unha fin de semana no que non faltou forza, saltos, velocidade e destreza sobre rodas, con coreografías que non deixaron indiferente ao público.