Anuncios
Ticker de novas

Investigan a un veciño de Gondomar por subtraer un billete de 50 € esquecido nun caixeiro automático

Os efectivos do Posto da Garda Civil de Gondomar citaron onte como investigado, por un delito leve de furto, a un veciño da localidade, de 74 anos, ao que se lle acusa de subtraer un billete de 50 € nun caixeiro automático.

Os feitos sucederon durante a mañá de onte no caixeiro automático dunha céntrica entidade bancaria da localidade. Un cliente realiza o reintegro de 50 € e márchase deixando esquecido o diñeiro. A outra persoa que estaba a esperar colleuno e quedou co billete.

A persoa que deixou o diñeiro esquecido no caixeiro ten 80 anos. En casos como estes, o Plan Maior Seguridade aconsella que deben ir ao banco acompañados por persoas de confianza para asinar documentos ou realizar cobros ou pagos, sobre todo se son de certa importancia.

Anuncios