A Comunidade de Montes de Couso ofrece leña gratis

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, en Gondomar, ofrece leña gratis. Segundo informou este xoves o presidente da entidade, Xosé Antón Araúxo, todo aquel que queira pode collela nas zonas sinalizadas no monte de Couso, xa está cortada. Os interesados poden chamar ao teléfono 609442637.