Baiona organiza “A Festa de Samaín” na Alameda Carabela Pinta

FOTO: PEPE COSTAS // Samaín na Praza de Abastos de Baiona.

A Concellería de Cultura de Baiona organiza para o 31 de outubro na Alameda Carabela Pinta, “A Festa de Samaín” para todos aqueles nenos e nenas que se acheguen a pasar unha tarde terrorífica. A cita será a partir das 5 da tarde cunha serie de obradoiros e xogos monstruosos, como “pintacaras terroríficos”, ”repostería monstruosa”, “portachuches de cabazas”, “crea a túa maxia” e demais sorpresas.

Para finalizar a festa ás 7 da tarde dará comezo un gran “Flashmob do terror” onde están todos convidados a “mover o esqueleto” ao son de coñecidas coreografías musicais escollidas para a ocasión.