Alberto Meira, líder do Campionato Galego tras o Rali San Froilán

Alberto Meira no Rali San Froilán.

Este pasado sábado, o Galego de Ralis celebraba en Lugo o seu penúltimo envite do ano, cun Rali San Froilán que resultou absolutamente apaixonante, presentando unha fenomenal lista de inscritos na que destacaban dúas figuras lucenses non habituais do rexional, como son Adrián Díaz e Sergio Vallejo, ambos en vehículos da categoría R5 cos que optaban ao triunfo. Miles de espectadores acudiron á proba, animados ademais polo bo tempo reinante, que convidaba a gozar dun entretido día de automobilismo.

Alberto Meira comezou o rali cun gran ritmo, marcando o mellor crono nos dous primeiros tramos, cando o sol comezaba a brillar en Outeiro de Rei e Mosteiro, onde se desenvolvía a acción durante a matinal do rali. O piloto de Gondomar mantiña un bo ritmo nas segundas pasadas, o que lle permitía chegar ao ecuador da carreira como líder.

Na sección de tarde, cando se disputaban as especiais de Láncara e Goián, o equipo formado por Meira e Murado volveu saír ao ataque, para de novo adxudicarse os mellores cronos e abrir o que parecía unha importante brecha cos seus perseguidores. Con todo quedaban por disputarse dúas pasadas máis a eses tramos, nunhas condicións nocturnas onde brillaba o local Díaz, para facerse co triunfo. Meira adoptara unha estratexia conservadora, e a pesar de ter que conformarse coa segunda praza, valorábao moi positivamente: “Hai que felicitar a Adrián e Andrea polo triunfo, e como arriscaron nestes dous últimos tramos. Persoalmente estou contento porque en todos os últimos ralis fixemos méritos para ser Campións, plantando cara ante os vehículos R5. No Sur do Condado gañamos, e no Ribeira Sacra, de non ser por un palier, poderiamos facelo tamén. Aquí o obxectivo era terminar por diante de Senra e Caamaño. Conseguiuse, así que somos líderes e na última carreira dependeremos só de nós mesmos”.

CLASIFICACIÓN 39º RALI SAN FROILÁN

1º – Díaz-Lamas – Skoda Fabia R5 – 59:11,1
2º – Meira-Murado – Mitsubishi Lancer Evo X – 59:27,6
3º – Senra-Vázquez – Ford Fiesta R5 – 59:45,4
4º – Caamaño-Rodríguez – Ford Fiesta R5 – 59:54,1
5º – Vallejo-Vallejo – Citroën DS3 R5 – 1:00:35,3
(Hasta 96 clasificados)

ASÍ VA EL CAMPEONATO: (Clasificación no oficial, pendiente confirmación FGA)

1º Alberto Meira 1.425 puntos
2º Iago Caamaño 1.367 puntos
3º Víctor Senra 1.346 puntos

Anuncios