Organizan un Zumbathón Benéfico polos incendios forestais

Un grupo de instrutores de zumba organiza o vindeiro mércores 1 de novembro un Zumbathón Benéfico. O evento chámase “De veciño a veciño” e desenvolverase durante todo o día no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona. Todo o recadado coas entradas, que terán un custo de 4 euros (2 euros para os menores de 7 anos), irá destinado integramente a paliar os danos producidos polos incendios forestais de hai dúas semanas.

O programa inclúe taller de pádel de 10:00 a 14:00 horas, taller de breakdance e hip-hop de 11:00 a 13:30 horas, a actuación do Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá ás 17:00 horas, taller de salsa de 17:30 a 19:00 horas e masterclass de zumba de 19:00 a 21:00 horas. Ademais haberá agasallos e sorpresas.

Tamén se aceptarán doazóns, económicas (en efectivo o día do evento ou nunha conta solidaria aberta para este fin), e de produtos de primeira necesidade. Os que desexen achegar obxectos grandes (electrodomésticos, mobles, etc.), deberán deixar durante o evento o seu nome e número de teléfono para coordinar posteriormente a recollida dos mesmos no lugar que se indique.

As asociacións colaboradoras co evento, A Camoesa, San Vicente de Mañufe, A Cela de Baredo e A Unión de San Pedro da Ramallosa, serán puntos de recollida e de recepción despois do día 1 de novembro.

Charla do GES do Val Miñor

Membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor ofrecerán unha charla ás 16:30 horas. Falarán de como previr nos nosos fogares pequenos accidentes con lumes, que é o 085, o 112…