O DJ baionés Yaggo estará presente este fin de semana no Amsterdam Dance Event

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ// Yaggo no Frades Sunset Festival.

Este ano está sendo, sen dúbida, o derradeiro progreso do artista baionés, Yaggo. Se este verán sorprendía gañando o concurso da Radio Nova Era e actuando na maior beachparty de Europa xunto os mellores dj’s do mundo ou levando a cabo o seu propio tour por Ibiza e Málaga e actuando nos festivais máis destacados de Galicia, o dj e productor vai máis alá, dando un paso de xigante e actuando no ADE (Amsterdam Dance Event) evento que congrega artistas de todo o mundo convertindo así os Países Baixos na capital da música electrónica por uns días.

Yaggo será un dos invitados de Revealed Recordings, o selo de Hardwell, co que compartiu cartel este mismo ano na nomeada anteriormente, Nova Era EDP Beach Party. Non será a única data marcada xa que tamén estará en directo na Netherlands Deep Radio e Flux BPM Radio dende os estudos Q-Factory; sesións que se poderán disfrutar en directo dende as redes sociais do artista.

Este ano é o primeiro das andainas de Yaggo por Europa, pero asegura «quizáis non sexa a última, temos que seguir traballando, e pouco a pouco irán cumpríndose obxectivos. Dependendo a etapa podes estar máis arriba ou abaixo pero o mellor de todo son as experiencias vividas, iso xa non cho quita ninguén».

ADE-2017-1920x1080-A

Anuncios