O Centro Cultural de Peitieiros propón unha decena de actividades para este curso

O Centro Cultural de Peitieiros propón para o curso 2017-2018 un total de 9 actividades diferentes: gaita e percusión, pandeireta, baile tradicional, pilates, zumba, ximnasia, obradoiro de memoria, biodanza e canto popular.

O curso comezará este mes de outubro e a inscrición estará aberta todo o curso. As actividades poñeranse en marcha sempre que haxa o número mínimo de persoas inscritas que permitan desenvolvelas.

Nos primeiros días acordaranse, entre o monitor de cada actividade e as persoas inscritas nela, o/os día/s e horario definitivos nos que se realizará. É por iso que, os interesados nalgunha actividade, deben inscribirse para poder contar coa súa opinión á hora de facer o calendario final.

Para poder participar nas actividades as persoas interesadas deben ser socias do CCV. O importe da cota anual é de 20 €/ano ou de 30 €/ano se é familiar (que dá dereito a participar nas asembleas aos dous membros dunha parella).

As actividades de baile tradicional, gaita e percusión e pandeireta están directamente relacionadas co funcionamento do grupo tradicional do CCV, Ecos e Agarimos. As persoas que participan nalgunha destas actividades e comprométense a formar parte do grupo, teñen o prezo da actividade reducido xa que están subvencionadas polo CCV.

Para obter máis información sobre as actividades e sobre as inscricións hai que chamar ao 986 389 084 e deixar nome e número de teléfono no atendedor; chamando ou enviando whatsapp ao 616 96 40 27 (Manuela – Secretaria CCV); deixando nota na caixa de correos do CCV con nome da persoa e da actividade/s que lle interesa/n e número de teléfono de contacto, por correo electrónico na dirección ccrpeitieiros@gmail.com, ou no propio Centro Cultural no horario da actividade.

Anuncios