O CPI Arquitecto Palacios de Panxón dedica o Entroido aos devanceiros e ás tradicións populares

O CPI Arquitecto Palacios de Panxón celebrou este venres o Entroido coa participación de todos os alumnos e alumnas do centro. Este ano os disfraces tiñan relación co proxecto que desenvolven na Biblioteca do Colexio. Como o Día das Letras Galegas xira este ano ao redor da figura de Antón Fraguas, decidiron que os disfraces tivesen que ver cos nosos devanceiros e tradicións populares.

Ás 12:30 do mediodía saíron ao patio e desfilaron por cursos. Bruxas (1º de Primaria), trasgos (2º de Primaria), demos (3º de Primaria), petróglifos (4º de Primaria) -aproveitando unha saída aos petróglifos de Auga da Laxe puideron afacerse á cultura do momento-, o apalpador (5º de Primaria), castrexos e romanos (6º de Primaria), a Santa Compaña (1º de ESO), o Entroido popular (2º de ESO), mariñeiros (3º de ESO) e o furancho (4º de ESO). O meco foi unha bruxa.

Anuncios