Empate do Cereixa na estrea da liga autonómica sur

FOTO: CEREIXA FS

Empate na estrea da liga autonómica sur 2017/18 nun partido con alternativas onde o CD Beade foi capaz de remontar e o Cereixa FS puido gañar no final.

Era unha saída complicada contra un novo equipo que imprimiu un alto ritmo físico e que atopou nos dirixidos por Rafael Salgueiro Troncoso e Nacho Troncoso Quintas un adversario ben plantado que puido levar a vitoria do Pavillón de Valladares.

Na primeira metade o control foi do visitante e froito das múltiples ocasións chegou o gol a pés de Borja Pérez que deixaba ao Cereixa FS con vantaxe no marcador (0-1).

Tras o descanso o visitante saíu durmido e o local aproveitou o seu momento para dalo volta e mesmo puido ampliar a renda cando David Barciela Bargiela foi expulsado e o Cereixa FS xogaba dous minutos con 3 xogadores e o porteiro. Tanto Esteban Fernández Figueiras, como Adrián López e Luca baleiráronse en defensa para impedir o gol visitante e a partir de aí cambiou o signo do partido; Borja novamente empataba o choque e no final tres claras ocasións desperdiciadas polos visitantes deixaron o partido en táboas.

Un punto e a pensar no próximo partido. Destacar a reacción do equipo que a pesar de verse superado por momentos soubo refacerse e terminar apertando en busca do triunfo. Esta será unha liga moi competida e este partido é mostra diso.