Sin categoría

Curso de informática para adultos no Liceo Marítimo de Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona organiza un curso de iniciación á informática para adultos que comezará o próximo 3 de outubro. Desenvolverase os martes en dúas quendas, unha de 10:30 a 12:00 e o outro de 19:30 a 21:00 horas, en grupos de ao redor de 10 persoas. Os participantes aprenderán o funcionamento de Windows 10, Office 2016, internet, correo electrónico, redes sociais, etc.

O prezo do curso, que se realizará desde outubro ata xuño, é de 22 euros ao mes para os socios e de 25 para os non socios. Ao finalizar recibirán un certificado de asistencia e aproveitamento. Máis información e inscricións no Liceo Marítimo de Baiona, no correo electrónico liceodebaiona@gmail.com ou nos teléfonos 986 355 470 ou 653 757 614.