Anuncios
Ticker de novas

O baionés Brais Gómez consegue a vitoria no Trofeo Festas de Setembro de Ponteareas

Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, conseguiu este sábado a vitoria no Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas – Memorial Emilio Rodríguez, unha carreira contrarreloxo polo centro urbano cun percorrido de 1 km que saíu da Praza Bugallal chegando á rotonda da rúa Castelao no Colexio Virxe dos Remedios e volvendo cara o Concello.

O baionés de 16 anos subiuse ao máis alto do podio na categoría cadete, acompañado polo seu compañeiro de equipo José Sánchez Cruces en segunda posición e Adrián López Munin, do Compostelano, que foi terceiro.

O Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas – Memorial Emilio Rodríguez estivo organizado polo Club Ciclista Ponteareas en colaboración coa Concellería de Deportes. No percorrido circular competiron máis de 200 ciclistas dende alevíns ata xuvenís e dependendo da categoría correron dende dez voltas a vinte e cinco voltas. Para os ciclistas das escolas houbo unha xincana na Praza Maior.

Anuncios