Sin categoría

Máis de 3.200 escolares de educación infantil, primaria e especial comezan o curso no Val Miñor

Hoxe comezan no Val Miñor as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 3.262 escolares, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 1.022 alumnos comezan hoxe luns nas aulas de educación infantil.

Centros públicos
Baiona – 232
Gondomar – 268
Nigrán – 270

Centros concertados
Gondomar – 121
Nigrán – 131

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 2.189 alumnos tamén comezan hoxe as clases de educación primaria no Val Miñor.

Centros públicos
Baiona – 545
Gondomar – 653
Nigrán – 702

Centros privados concertados
Nigrán – 289

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 51.

Centros públicos
Nigrán – 18

Centros privados con concerto
Nigrán – 33