Finaliza o ciclo “Cine na Praza” coa proxección de “Cenicienta” en Sabarís

Finaliza o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este martes 29 de agosto proxectarase a película “Cenicienta”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Conta as andanzas da Ella (Lily James), unha moza cuxo pai, un comerciante, volve casar tras enviudar. Para agradar ao seu pai, acolle con agarimo á súa madrastra (Cate Blanchett) e ás súas fillas (Holliday Grainger e Sophie McShera) na casa familiar. Pero, cando o seu pai morre inesperadamente, a moza queda a mercé dunhas mulleres celosas e malvadas que a converten en serventa e relégana á cociña. Pero, a pesar da crueldade coa que a tratan, está disposta a cumprir as últimas palabras da súa nai que lle dixo que debía «ser valente e amable».