Convocan o 2º concurso de fotografía “A miña mascota e eu”

O Liceo Marítimo de Baiona e Foto VS, coa colaboración de Baisenpulgas, organizan o 2º concurso de fotografía “A miña mascota e eu”, co obxectivo de animar a todo aquel que se senta con dotes creativos e aptitudes fotográficas a capturar imaxes para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre o coidado, agarimo e atencións que merecen as nosas mascotas e os animais que nos acompañan.

A temática do certame vira contorna ás mascotas e aos animais que nos acompañan desde un punto de vista positivo, imaxinativo e/ou humorístico. Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos de calquera nacionalidade.

Poderanse presentar un máximo de tres fotografías por persoa, con técnica libre, tanto en cor como en branco e negro. Non se admitirán composicións formadas por máis dunha fotografía.

As fotografías deberán presentarse cun tamaño de 24×30 cm, laminadas en mate e montadas en foam de 10mm e canteadas. As fotografías serán propiedade do fotógrafo que as presenta e serán orixinais, inéditas e non estarán á espera do fallo do xurado ou serían premiadas con anterioridade noutro concurso ou certame fotográfico.

O prazo de presentación de fotografías é ata o día 7 de outubro ás 13:00 horas. Os participantes deberán presentar o material en Foto VS (Marqués de Quintanar, 25) co nome e apelidos do autor, DNI, teléfono e dirección de correo electrónico. Ademais, indicarase o título da obra e a data onde se realizou a fotografía.

O custo de presentación de obras ao concurso segundo as condicións de presentación é de 10€ por fotografía presentada. Parte deste custo de inscrición destinarase á protectora Baisenpulgas para o coidado das nosas mascotas. O custo de presentar unha serie de 3 fotos é de 25€ custo total.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de fotografías o Xurado seleccionará as tres mellores fotografías segundo os criterios de calidade técnico-artística e a condición de que se axustaron á temática desta edición. As obras seleccionadas serán premiadas economicamente sendo unha gañadora e as outras dous finalistas.

O premio para a fotografía gañadora é de 100 euros. O primeiro finalista recibirá un premio de 75 euros e o segundo de 50 euros. As 20 mellores fotografías elixidas polo Xurado formarán parte dunha exposición no Liceo Marítimo de Baiona desde o 14 de outubro ao 11 de decembro.