Anuncios
Ticker de novas

MacB, campións do XVI Torneo de Pas Praia de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // MacB, campións do XVI Torneo de Pas Praia de Baiona.

Baiona celebrou este sábado na praia da Ribeira unha nova edición do xa tradicional Torneo de Pas Praia 2×2, organizado pola Concellería de Deportes. A competición comezou ás 10:00 da mañá, xogándose os partidos clasificatorios, e xa pola tarde, os cadros eliminatorios, coas semifinais e a gran final.

O torneo, que cumpriu a súa XVI edición, foi un éxito de participación, con 40 equipos inscritos, un total de 80 deportistas e un notable número de seguidores ao longo de todo o día.

Divididos en 8 grupos de 5 parellas, clasificáronse para a fase final do torneo os dous mellores de cada grupo, mentres que para o cadro de consolación pasaron os terceiros e cuartos. Os últimos de cada grupo quedaron eliminados.

O XVI Torneo de Pas Praia desenvolveuse en tres pistas instaladas no areal, co único propósito de divertirse e realizar actividade física. Ademais, todos os participantes recibiron bocadillo e bebida como de costume para gozar dun día de praia.

Ao finalizar a competición, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns, foron os encargados de entregar os agasallos e trofeos conmemorativos ás parellas participantes nesta edición.

O cadro de vencedores nesta XVI edición foi o seguinte:

CADRO FINAL
Campións – MacB
Sub Campións – Head Soccer
3º – JB Team
4º – Paaalaasssito

CADRO DE CONSOLACIÓN
Campións – Sabela
Sub Campións – Manatíes
3º – Uiyeve
4º – Bikote

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios