Anuncios
Ticker de novas

A Xunta denuncia que o Concello de Nigrán non informou da contaminación da auga de Praia América

FOTO: PEPE COSTAS

A Xunta denuncia que o Concello de Nigrán non informou á poboación dos episodios de contaminación rexistrados estes días en Praia América. Nun escrito enviado o pasado día 9 advertíuselle ao alcalde da obrigatoriedade de informar á poboación do estado das augas, mediante carteis informativos na zona de baño.

Na análise microbiolóxica da mostra de auga recollida o día 7 de agosto na auga do areal de Praia América confirmouse a presenza de Escherichia Coli nunha proporción de >1000 NMP/100ml, superando o valor aceptable establecido de contaminación.

Segundo a lexislación vixente, unha vez detectado o episodio de contaminación o concello está obrigado a comunicar á poboación a situación con carteis informativos nos que ben prohiba o baño ou recomende absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica. Este panel informativo deberá completar ao cartel coa cualificación sanitaria. Ademais, manteranse as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se exporá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.

Así se lle esixiu por fax o pasado día 9 de agosto ao alcalde. Catro días despois do primeiro análise negativo e sen que durante este tempo se informara da presenza de Escherichia Coli aos usuarios do areal, hoxe o Concello de Nigrán comunicaba formalmente a finalización do episodio de contaminación.

Anuncios