Finalizado o Campionato de España de Sub 18 que desenvolveuse no Hotel Best Western en Salobreña (Granada) do 31 de xullo ao 5 de agosto, a xogadora baionesa do Club de Xadrez Laroca Mireya Represa, volveu a subir o podio acadando o terceiro posto nas partidas de lentas (90’+30’’) con 4.5 puntos, empatada coa segunda clasificada e separada tan só por 0.5 puntos da gañadora Ana Redondo Benavente da Federación Andaluza; e o segundo posto no campionato de rápidas (10’+5’’) con 5.5 puntos e a medio punto da campioa Marta García Martín da Federación Valenciana.
Por outra banda os xogadores do Laroca Artai Bringas e Mauro Costas están a participar no V Torneo Internacional Cidade de Pontevedra que se celebra do 8 ao 14 de agosto, que conta con 170 participantes entre os que hai varios mestres fide.
Tamén haberá unha nutrida participación laroqueira no XVII Campionato ao Aire Libre que se celebrará mañá xoves na Guarda con motivo das Festa do Monte.


